Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mozo ferido na explosión do hotel da Habana regresa este luns a Galicia

O mozo ferido na explosión do hotel da Habana regresa este luns a Galicia

No suceso ante o hotel Saratoga morreu a súa parella, Cristina

G24.gal 29/05/2022 12:57

Este luns chegará a Galicia o mozo ferido na explosión do hotel Saratoga no céntrico Paseo do Prado na Habana. César Roman, veciño das Pontes, estaba nas proximidades do establecemento canda a súa moza, Cristina, de paseo pola zona.

Colleunos a onda expansiva da detonación causada polo gas e a muller faleceu como consecuencia das feridas que presentaba. César ingresou en estado moi grave nun hospital da Habana.

Agora viaxa a Galicia desde Cuba canda o seu irmán, que se desprazou ata a illa caribeña para acompañalo na recuperación, e un médico cubano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade