Cargando resultados...
O modesto Barbadás estará no bombo da vindeira Copa do Rei
Derrotou o Atlético Lugones por 2-1 e xogará, por primeira vez na historia, ante un equipo de Primeira División
G24.gal
19/10/2022 22:45
O modesto Barbadás, do Grupo Sur da Preferente Autonómica, xogará a vindeira edición da Copa do Rei. Nun duelo a vida ou morte ante o Atlético Lugones asturiano, os ourensáns gañaron por 2-1 e terán o meirande premio da súa historia, recibir un equipo da Primeira División.
Os goles de Isma Martínez no treito final da primeira parte e de Xinzo mediado o segundo tempo entran no libro de honra do Barbadás. O Lugones acurtou diferenzas a dez minutos do final pero o equipo azul aguantou a vantaxe e terá un premio maiúsculo.