O balón parado volve castigar o Deportivo (2-1)
Blasco, á saída dun córner, marcou o gol da vitoria do Huesca no minuto 93
Ximo Navarro empatara nun bo segundo tempo do cadro coruñés
Minuto a minuto
Segunda xornada na categoría de prata do fútbol español. O Deportivo, á procura do primeiro triunfo logo da derrota en Riazor diante do Oviedo na estrea do campionato (0-1).
Repite o once titular Idiákez. Confía nos mesmos once malia que o resultado non foi bo.
E ás 21:30 comeza o partido do @RCDeportivo
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) August 23, 2024
🆚 @SDHuesca
🏟️ Alcoraz
Podedes seguilo en 🔊 https://t.co/ms4dnIDSLK
Os XI 👇 pic.twitter.com/pXaQ37BObu
Cooomeza o partido en Huesca!
Ritmo moi baixo de partido. Intenta dominar o Deportivo, pero o Huesca é o un equipo moi rochoso defensivamente.
Dous centros consecutivos do interior esquerdo Vilarrasa causan problemas na defensa do Dépor. Primeiros achegamentos do Huesca.
Sergi Enrich remata desviado de cabeza nunha posición moi forzada

Yeremay saca un centro ao que non chega por pouco Villares. Boa combinación en ataque do Deportivo.
Combinan Mella e Yeremay e o de Teo remata moi desviado. Os dous canteiráns son os que están levando o perigo... Estamos en pausa de hidratación.
Centro do Huesca sobre a área deportivista que resolve Germán Parreño con atrancos
1-0 GOL DO HUESCA. Penalti cometido por Petxarromán que non desaproveita o centrocampista Óscar Sielva
Tenta reaccionar o Deportivo, pero o tiro de Ximo Navarro vaise ás nubes
Moi clara do Huesca!!! Obstaculizáronse os locais Soko e Javi Mier nunha posición inmellorable para facer o segundo
Tempo de lecer no Alcoraz. Vale o gol do ex do Rápido de Bouzas Óscar Sielva. Desde a chegada de Antonio Hidalgo ao Huesca conseguiu manter a porta a cero en máis do 60 % dos partidos. Precisa mellorar en ataque o Deportivo.

Entrou Barbero no Deportivo e aos 20 segundos acaba de ter un man a man co porteiro local para poñer o gol do empate. A mellor ocasión do equipo galego!!!
Yeremay remata desde a frontal e obriga a Dani Jiménez a facer unha grande intervención
1-1 GOOOOL DO DEPORTIVO. Estaba metendo moita presión o cadro coruñés e acaba marcando o lateral Ximo Navarro cun remate cruzado
Perdoa Sergi Enrich!!! Centra Joaquín e o remate do dianteiro marcha fóra por pouco
Tiro de Gerard Valentín desde unha posición afastada que chapa Germán
Pablo Vázquez lánzase ao ataque e executa un gran disparo que atrapa Jiménez

Agora é o local Kortajarena o que dispara ao exterior da rede. Sucédense os achegamentos.
Marcha mancado José Ángel e entra Mfulu. Tamén se incorpora ao partido Davo.
Barbero!!!! Gran pase de Davo ao dianteiro andaluz que atopou unha grande intervención de Dani Jiménez.
Ao campo Chacón e Hugo Rama. Os dous equipos apertaron o freo no treito final.
2-1 GOL DO HUESCA. Á saída cun córner marca de cabeza Blasco.
Remata o partido no Alcoraz. Segunda derrota deportivista, e con outra acción a balón parado no último intre.