Segue pechada a liña ferroviaria Madrid-Galicia e o treito Vilamartín de Valdeorras e Montefurado en Lugo
Segue pechada a liña ferroviaria Madrid-Galicia e o treito Vilamartín de Valdeorras e Montefurado en Lugo
A proximidade dos incendios impide reactivar a circulación
Renfe só mantén un servizo entre Madrid e Zamora e habilita dous servizos especiais en cada sentido para reforzar a liña
Prevese que siga suspendida a liña polo menos a metade do sábado
A circulación por ferrocarril entre Galicia e Madrid sigue parada. As estacións en Galicia e en Madrid están cheas de viaxeiros que tiveron que aprazar as súas viaxes por mor do lume. Son moitos os cambiaron que xa cambiaron os billetes, pero de momento non teñen moi claro cando van poder viaxar.
🔴 Suspendidos todos los trenes de Alta Velocidad entre Madrid y Galicia para lo que resta de jornada de sábado. Descartados medios alternativos por carretera ante la evolución de los incendios y la resolución por parte de las autoridades competentes.
— InfoRenfe (@Inforenfe) August 16, 2025
ℹ️Recuerda que si tu tren…
Doutra banda, Renfe tamén informou que o tramo entre Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e Montefurado (Lugo) está tamén cortado polos incendios e víronse afectados todos os servizos de Media e Longa Distancia.
O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, cre que este sábado 16 de agosto continuará fóra de servizo a liña ferroviaria Madrid-Galicia.
A proximidade dos incendios ás vías e túneles fai perigosa a circulación dos trens que unen a nosa comunidade co resto da Península.
Puente pediu seguir as actualizacións que Adif e Renfe publiquen sobre a situación.
Renfe informa de que habilitou dous servizos especiais de trens en cada sentido entre a capital de España e Zamora, dentro da liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia, cuxo tráfico foi interrompido como consecuencia dos incendios nas súas inmediacións. Segundo informaron este sábado a EFE fontes de Renfe, habilitáronse catro servizos, dous desde Madrid ata Zamora -que sairán ás 13.20 horas e ás 19.17 horas- e outros dous en sentido contrario, que sairán da capital zamorana ás 14:36 horas e as 20:11 horas.
Todo apunta a que mañana la línea Galicia-Madrid tampoco estará en servicio. La proximidad de los incendios a las vías y túneles impiden que protección civil autorice la operativa prevista. Estén atentos a la información que @InfoAdif y @Renfe vayan proporcionando. https://t.co/IaalDwVyaS
— Oscar Puente (@oscar_puente_) August 15, 2025