Cargando resultados...
Cuerpo admite que a negociación dos presupostos "non vai ser doada"
O ministro de Economía asegura que o Goberno empezará a traballar no proxecto de contas públicas en setembro
G24.gal
04/08/2025 15:20
O Goberno insiste en que este ano vai presentar uns presupostos xerais do Estado na cámara e que Facenda empezará a traballar no proxecto en setembro.
O ministro de Economía, Carlos Cuerpo, recoñece que "non vai ser unha negociación doada, pero temos que entrar nela, igual que facemos en toda a lexislatura, coa vontade de acordar e negociar".
O Partido Popular cre que o Goberno xa vai tarde. Juan Bravo, vicesecretario de Facenda do PP, cre que nos "encamiñamos cara ao precipicio presupostario, porque España segue sen ter unhas contas públicas" e apunta que este goberno "ten máis prórrogas presupostarias que presupostos".