Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Mallorca queda eliminado na Copa antes de recibir o Celta este venres

O Mallorca queda eliminado na Copa antes de recibir o Celta este venres

Perdeu ante a Real Sociedade por 1-0 e a súa aventura rematou nos oitavos

G24.gal 17/01/2023 20:50

O Mallorca, rival o vindeiro venres do Celta na Liga, quedou eliminado este martes na eliminatoria de oitavos de final da Copa do Rei. Tiña un partido fóra da casa de máxima dificultade contra unha Real Sociedade que está situada en postos de Champions no campionato da regularidade e que avanza con paso firme no torneo do KO.

Chegoulles aos de Imanol Alguacil un solitario gol de Robert Navarro no minuto 5 do encontro. A Real saíu en tromba e atopou o premio moi cedo. Mereceu máis goles nunha primeira parte de dominio ante un Mallorca ao que lle chegou con defenderse. 

Os de Aguirre mantiveron a eliminatoria con vida no segundo tempo e, conforme pasaban os minutos, comezaron a inquietar a porta de Remiro. Ángel e Grenier, cun disparo ao poste, tiveron o gol do empate pero o partido rematou con ese único tanto a prol dos locais. 

O Mallorca gardou xogadores importantes para a Liga pero terán que viaxar de volta á Illa e afrontar o partido do venres diante do Celta con moito menos descanso que o conxunto galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar