Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mal tempo deixa unha ocupación hoteleira próxima ao 70 % na Costa da Morte

O mal tempo deixa unha ocupación hoteleira próxima ao 70 % na Costa da Morte

As previsións iniciais do sector indicaban que a ocupación media podía chegar ao 90 %

G24.gal 31/03/2024 14:56 Última actualización 31/03/2024 16:13

No Parador da Costa da Morte os turistas volven a casa despois duns días de vacacións.

"Moi ben, espectacular, precioso, moi recomendable", di unha turista.

O mal tempo dos últimos días influíu nas cifras de ocupación, que non foi tan alta como se agardaba. A ocupación media estivo entre o 60 e  70 %, segundo as cifras achegadas  por varios establecementos da Costa da Morte.

"Hai aloxamentos moi distintos. Os que teñen poucos cuartos poden estar no 100 % de ocupación, pero nos máis grandes resultounos máis complicado polo mal tempo", explica Juan Martínez, propietario dun hotel de Muxía.

O santuario da Virxe da Barca é unha parada obrigada nas rutas pola Costa da Morte. Hai un grupo de turistas de Letonia. Levan uns días percorrendo Galicia e marchan marabillados coa paisaxe.

"Porque é moi fermosa, non hai máis que vela".

A algúns o mal tempo non lles fixo mudar de plans, como a uns ciclistas de Salamanca que decidiron seguir adiante coas rutas en bici pola costa.

"Comezamos a Semana Santa en Ribadeo e viñemos bordeando toda a costa. Hoxe queremos chegar a Fisterra".

Algunha etapa si tiveron que adiala polo mal tempo, pero din que volverán a próxima Semana Santa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade