Publicador de contidos

Publicador de contidos

Este luns comeza a andaina do Celta de Rafa Benítez

Este luns comeza a andaina do Celta de Rafa Benítez

Ás 13:30 será presentado o novo adestrador e pola tarde (19:00) os xogadores comezarán a traballar en Afouteza

G24.gal 02/07/2023 13:38

O Celta do Centenario, o de Rafa Benítez, arranca este luns en Afouteza. Será unha xornada de reencontros, das primeiras ordes e carreiras.

O Celta arranca e faino coa fichaxe de Carles Pérez, coa continuidade de Unai e unha longa lista de fichaxes por concretar. Tan longa como o capítulo das saídas. Con Hugo Mallo á cabeza, con Óscar, Seferovic, este mesmo sábado a de Pineda. E esta semana concretarase a de Javi Galán que non está citado para o luns.

Os 25 futbolistas convocados, cinco do filial, son: Rubén Blanco, Iván Villar, Marchesín, Coke Carrillo, Unai Núñez, Carlos Domínguez, Fontán, Aidoo, Sergio Carreira, Mingueza, Kevin, Fran Beltrán, Tapia, Baeza, Hugo Sotelo, Cervi, Luca de la Torre, Carles Pérez, Miguel Rodríguez, Strand Larsen, Gonçalo Paciencia, Swedberg, Gael Alonso, Tincho e Iago Aspas.

E logo veñen o capítulo das incógnitas. Interesante verán nos agarda. Que vai pasar con Gabri Veiga. Asunto delicado. Ou como será a nova camisola. E que me din do himno de C Tangana ... Mais por riba do todos, a incógnita principal apunta arriba. Coa saída de Chaves, o director xeral, e a figura emerxente de Marián Mouriño que está comezando a virar o rumbo deste Celta.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar