Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio de Valdeorras axigántase e triplica o tamaño en 24 horas

O incendio de Valdeorras axigántase e triplica o tamaño en 24 horas

O luns pola mañá alcanzaba xa as quince mil hectáreas

O incendio, que comezou en Larouco, esténdese por nove concellos

G24.gal 18/08/2025 15:00

Oito dos nove os concellos da comarca de Valdeorras sofren os danos do incendio forestal que comezou en Larouco. As lapas chegaron dende alí a Petín, O Bolo, A Rúa, Vilamartín, O Barco, Rubiá e A Veiga. Na bisbarra, de momento, só se libra Carballeda mentres que polo oeste o lume entrou tamén en Quiroga camiño do Courel.

Algunhas aldeas, como San Vicente, en Vilamartín, quedaron devastadas, con casas, alpendres e vehículos queimados. No Barco arderon dúas igrexas, as de Cesures e Fervenza, das que só quedaron as paredes. Segundo a estimación oficial do luns pola mañá, o lume estendíase por quince mil hectáreas, o que significa que en 24 horas triplicou o seu tamaño

Un destacamento da Unidade Militar de Emerxencias traballa na zona. En plena noite, estiveron plantando o que chaman 'incendios técnicos', pequenos focos cos que queiman de xeito controlado zonas de monte para evitar que avancen por alí as lapas. Nalgúns lugares, como en Rubiá, hai tamén problemas coa auga e o Concello explica que non ten capacidade para potabilizar toda a que se demanda. Hai ademais complicacións coas comunicacións e as redes de telefonía móbil están fallando. O luns baixara algo a calor pero seguía a soprar vento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade