Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo xoga ante As Palmas no Anxo Carro, segundo clasificado e invicto

O Lugo xoga ante As Palmas no Anxo Carro, segundo clasificado e invicto

Hernán Pérez: "Hai que quitarlle o balón, que non corran. A idea está clara pero hai que executala"

G24.gal 11/10/2022 15:33 Última actualización 11/10/2022 15:42

O Lugo buscará refrendar con resultados a dinámica de xogo e evolución que está a experimentar o equipo. Así o trasladou na súa comparecencia de hoxe o adestrador, Hernán Pérez, analizando o momento do grupo en portas do duelo fronte á U. D. As Palmas.

Para o preparador asturiano, aínda que se miden as forzas ante un favorito ao ascenso, o equipo ten moitas opcións de plantar cara e conseguir o resultado desexado. Un resultado que confirme, de xeito evidente, a melloría experimentada en todos os sentidos:

"Estamos con ganas, con ilusión, sabendo o que temos que facer. Esperamos contar con todos os activos esperados"

As Palmas é o segundo clasificado, a un punto do Alavés, e aínda non perdeu:

"Hai que quitarlle o balón, que non corran. A idea está clara, pero hai que executala"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar