Cargando resultados...
O Lugo vence ao Cacereño (1-0) e faise forte no Anxo Carro
Marc Martínez parou un penalti no treito final que resultou decisivo
Unzueta marcou o gol da vitoria xa na segunda metade
Foto: @CDeportivoLugo
G24.gal
04/10/2025 22:41
O Lugo vaise facendo forte na casa. Superou o Cacereño e acada a segunda vitoria consecutiva no Anxo Carro. En parte grazas a un penalti parado por Marc Martínez a Berlanga.
E no segundo tempo, no 73, Iker Unzueta a centro de Pastrana fixo o gol da vitoria. O Lugo queda con sete puntos, e nunha situación máis cómoda na táboa.