O Lugo tira de oficio e gaña no Espiñedo (0-2)
Balboa rachou o equilibrio na compensación do primeiro tempo
Pastrana resolveu no treito final cando o Lugo xogaba cun máis
A expulsión de De Camargo condicionou o Arenteiro
Partido metalúrxico no Espiñedo, deses de pico e pala, ricos e loita e ferro. Primeira metade de pelexa na medular, na que o Arenteiro pediu un penalti a Mingo e no que o Lugo dispuxo dunha boa cabezada de Unzueta. Primeira metade fría en canto ao fútbol e en canto ao tempo, a que lle deu temperatura unha arrancada de Álex Balboa. Foi no tempo de compensación, e foi a xogada que lle deu vantaxe ao Lugo.
Á volta do descanso, o Arenteiro tratou de ir arriba, pero as sías intencións quedaron mermadas pola expulsión de De Camargo. O xogador protestou e foille aplaudir na cara ao árbitro. Vermello directo. Cun maís, nun contra, resolveu o Lugo por medio de Pastrana (minuto 72). Na acción os locais pediron empurrón a Eliseo.
Con esta vitoria os de Iago alimentan as súas opcións de playoff e o Arenteiro segue en problemas.