O Lugo ficha a Carbó e terá un plantel curto cunha ollada cara o filial
O Lugo ficha a Carbó e terá un plantel curto cunha ollada cara o filial
Asegurouno o director deportivo Carlos Pita na presentación de Baena
O andaluz considera que Lugo "é o mellor sitio para dar o paso ao fútbol profesional"
Carbó é un centrocampista que chega do San Fernando e con experiencia en 2B
O Lugo tivo unha mañá intensa nos despachos. A dirección deportiva decidiu non renovar o contrato de Canella (34 anos), presentou o dianteiro Ángel Baena e asegurou a fichaxe de Marc Carbó.
Baena ten vinte e un anos e procede do filial do Betis. Xoga como extremo, rápido, dianteiro de desborde. Carbó, pola súa parte, é un centrocampista de moito traballo cunha traxectoria contrastada en 2B e que busca acomodo no fútbol profesional. Pasou polo Xirona antes de ser indiscutible no Badalona, Mérida e San Fernando, equipo do que procede.
🔴|OFICIAL|🔴
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) July 5, 2022
👉 Marc Carbó @Carbomarc6, novo xogador do #CDLugo!
▶️ https://t.co/Wqx3XsqHyV#BenvidoMarcCarbó#ForzaLugo pic.twitter.com/H2TclMlPfh
O director deportivo Carlos Pita asegura que non haberá moitas máis fichaxes. O Lugo terá que tirar do equipo de Segunda Federación.