Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo ten que rachar coa súa segunda peor serie na categoría: 13 partidos sen gañar

O Lugo ten que rachar coa súa segunda peor serie na categoría: 13 partidos sen gañar

Íñigo Vélez: "Estaría preocupado se non xerásemos ocasións. Cantas máis fagamos, máis efectivos"

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 05/04/2023 14:05 Última actualización 05/04/2023 14:07

O venres volve a liga para o Lugo e volve facelo no Anxo Carro, ante o Tenerife. Veremos se dunha vez por todas chega o primeiro triunfo do Lugo neste 2023. O equipo albivermello leva 13 xornadas sen gañar. Non o fai desde que derrotara o Granada o pasado mes de decembro. Acabar con esta pésima serie será o primeiro chanzo para albergar algunha esperanza de salvación.

Íñigo Vélez: "Estaría preocupado se non xerásemos ocasións. Cantas máis fagamos, máis efectivos".

É a segunda peor xeira do Lugo na categoría. Para lograr o triunfo é imprescindible o apoio dos seareiros

"Estou encantado coa afección. Pídolles que veñan, que gocen no posible, faremos todo o que está na nosa man para ofrecerlles unha vitoria".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade