Cargando resultados...
O Lugo ten case pechados os amigables da pretemporada
O Lugo ten case pechados os amigables da pretemporada
Ponferradina, Spórting, Chaves, Pontevedra ou Rácing serán os rivais do cadro lucense
G24.gal
25/06/2022 18:52
O Lugo tivo unha semana intensa de presentacións, con protagonismo para Carlos Pita e o novo adestrador, Hernán Pérez. O club ten, ademais, case pechada a súa pretemporada.
O novo técnico estrearase en Portugal, en Melgaço, cun encontro ante o Casa Pía o vindeiro día 12 ou 13 de xullo. O verán do equipo lugués inclúe partidos contra a Ponferradina, o Spórting de Xixón, o Chaves, o Rácing e o Pontevedra.
Todos eles chegarán logo de que o club anuncie a vindeira semana as renovacións e os reforzos necesarios para o cadro de xogadores con vistas á nova temporada.