Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo saca un empate do derbi dos Ancares (1-1)

O Lugo saca un empate do derbi dos Ancares (1-1)

Adiantouse o cadro brciano cun gol de Andoni López, pero igualou Unzueta

Non houbo máis goles nunha segunda metade con máis intensidade que ocasións

Foto: @CDeportivoLugo
G24.gal 15/11/2025 22:11

O derbi dos Ancares rematou empatado, resultado que deixa ao Lugo con 15 puntos, e en terra de ninguén. Un punto máis ten a Ponferradina.

O cadro local comezou achegándose algo máis á área de Marc Martínez, titular no Toralín. Pero non inquedaba máis aló dun remate ás mans do porteiro á saída dunha falta. Si fixo dano aos 25 minutos, nunha boa combinación de Andoni López que deixou só ao lateral, ex-do Lugo, Non perdoou e marcou por debaixo do corpo de Marc Martínez para abrir o marcador. 

O Lugo, que perdera por lesión aos catro minutos a Txus ALba por lesión, empatou dez minutos despois. Foi nunha falta desde a esquerda que cabeceou Unzueta ao fondo da rede.

O partido tiña emoción e goles, pero á volta do descanso decaeu un chisco. Ata o punto de que un remate lonxano de Samanes, e outro de Reniero, foron as máis claras do Lugo. O cadro berciano tivo unha mellor no minuto 84. Un balón longo deixou so a Sergio Benito, pero o dianteiro rematou desviado no man a man. Unha revisión por un posible penalti a prol do Lugo que quedou en nada botoulle o pano a un partido que deixa todo como estaba.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar