Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo remonta na Romareda con dous goles de Chris Ramos, o segundo no minuto 97

O Lugo remonta na Romareda con dous goles de Chris Ramos, o segundo no minuto 97

O equipo de Hernán Pérez suma a segunda vitoria consecutiva

G24.gal 04/09/2022 23:43

 

O Lugo conseguiu na Romareda a súa primeira vitoria como visitante esta temporada, segunda consecutiva despois de derrotar o Leganés no Anxo Carro. Foi nun partido en que tivo que sobrepoñerse a un gol polémico no tempo engadido da primeira metade que anotou Giuliano para o Zaragoza.

Na segunda parte, os lugueses melloraron, apoiáronse no acerto de Chris Ramos. O dianteiro, que xa topara co traveseiro na primeira metade, empataba a uns no minuto once.

Tras o empate, o Zaragoza buscou o dous a un, e os lugueses saíron con moito perigo ao contraataque. Xa no tempo engadido, Baena tivo nas súas botas unha ocasión clarísima para desnivelar o marcador, pero enviou desviado o remate no man a man. Era o minuto noventa e cinco, pero aínda tería outra o Lugo nas botas de Chris Ramos.

Desta volta, o dianteiro resistiu o choque con Cristian Álvarez e, en plena caída, conectou un remate desde corenta metros que acabou na rede. O Lugo suma sete puntos con esta vitoria e mete o Zaragoza nos postos de descenso.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade