Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo reencontrarase co técnico que lle deu as dúas últimas permanencias

O Lugo reencontrarase co técnico que lle deu as dúas últimas permanencias

Rubén Albés deixou o club o verán pasado para incorporarse ao recentemente ascendido Albacete

Ten o equipo en posto de promoción de ascenso a só dous puntos do terceiro clasificado

G24.gal 23/01/2023 16:11 Última actualización 23/01/2023 16:17

O Lugo reencontrarase o vindeiro domingo co técnico que lle deu as dúas últimas permanencias, Rubén Albés, que deixou o club o verán pasado para incorporarse ao recentemente ascendido Albacete, co que está nunha situación privilexiada, nada que ver co delicado momento do seu exequipo.

O conxunto galego afrontará a cita do Carlos Belmonte como penúltimo clasificado, aínda que a catro puntos dos postos que dan a continuidade na categoría de prata. Os lucenses perderon os tres últimos partidos, en que só anotaron un gol, e dos últimos 18 puntos en xogo só sumaron os do triunfo ante o Granada (1-0) o pasado 17 de decembro.

Con Fran Justo no banco, o balance é de dúas vitorias e un empate en oito xornadas, sete puntos de 24 posibles. A difícil situación do Lugo dista moito da que vive o Albacete de Rubén Albés, que está na zona alta da clasificación. Gañou en Andorra por 0-1 cun tanto de Manu Fuster e soña coa fase de ascenso, algo impensable ao principio da temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Noticias relacionadas
Andorra 0-1 Albacete