Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo presenta a El Hacen e agarda poder fichar un dianteiro

O Lugo presenta a El Hacen e agarda poder fichar un dianteiro

El Hacen: "Quero agradecer ao presidente e á dirección deportiva esta oportunidade que me deron. Quero devolver toda a confianza"

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 30/08/2022 15:55 Última actualización 30/08/2022 16:00

A comparecencia de hoxe no Anxo Carro servía para presentar o regreso de El Hacen ao Lugo. O internacional mauritano, heroe da permanencia 19-20, e con outra campaña como albivermello no seu haber, expresaba a súa alegría no retorno, mostrando a mellor das disposicións e ambicións na súa reedición a beiras do miño. Acompañado por Carlos Pita, El Hacen espera atopar a súa mellor versión para axudar ao equipo en tan apaixonante tempada:

"Quero agradecerlle ao presidente e á dirección deportiva esta oportunidade que me deron. Quero devolver toda a confianza. En canto xurdiu a opción de volver, non pensamos noutra posibilidade".

Restan dous días de mercado e o Lugo insiste en que intentarán fichar un dianteiro

Carlos Pita: "Queremos fichar a un dianteiro pero está complicado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar