Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo perde co Vilarreal B nun partido marcado pola diferenza de acerto

O Lugo perde co Vilarreal B nun partido marcado pola diferenza de acerto

O filial castellonenco trasformou as súas ocasións máis claras

Un gol anulado polo VAR a Juanpe e a expulsión de Chris Ramos resultaron determinantes

G24.gal 17/09/2022 16:14

O Lugo comezou ben o partido no Mini Estadi de Vilarreal, e gozou das mellores ocasións no primeiro cuarto de hora. Pero os dianteiros non estiveron atinados, e o filial comezou a medrar co paso dos minutos.

No minuto 35, Fer Niño culminaba a mellor ocasión dos locais, establecendo o 1-0. O Lugo buscou a igualada antes do descanso, e tivo a súa mellor ocasión no último minuto. Juanpe impulsou o balón á rede, pero o árbitro, que concedera o gol en primeira instancia, acabouno anulando a instancias do VAR pola posición adiantada do xeonllo do albivermello.

A segunda metade comezou condicionada polo segundo tanto dos locais, logo dunha acción de Miguel Loureiro sobre Fer Niño castigada cun penalti. Sergio Lozano foi o encargado de establecer o 2-0.

Co paso dos minutos, o Lugo intensificou a súa presenza en campo contrario, pero seguiu sen acerto de cara á porta, e o Vilarreal B ía cazar o terceiro tanto nunha contra moi ben levada que culminou Diego Collado, deixando o partido case sentenciado.

O Lugo tivo o seu gol outra vez nas botas de Chris Ramos, que aproveitou unha xogada de Idrissa Thiam para establecer o 3 a 1 no minuto 77. Pero so dous minutos despois, o dianteiro foi expulsado por cobre cartón amarelo, o que deixou o camiño despexado para o triunfo do Vilarreal B.

Tras o partido, Hernán Pérez afirmou ter unha "sensación negativa. Estivemos moi ben na primeira parte, controlado o rival. Tivemos boa posesión do balón, ocasións para adiantarnos, e nun erro encaixamos. Castigo escesivo. Nunha contra fixeron o dous a cero. O equipo segue pelexando, encaixa outro gol. Fai o tres a un que nos mete no partido, e a raíz da expulsión acabou o partido. Agradecer o esforzo dos rapaces".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade