O Lugo paga en Guecho a súa ineficacia rematadora (0-0)
Os galegos erraron tres man a man clarísimos
Este Lugo está mal de remate. Os galegos evidenciaron en Guecho un grave problema na definición.
Nin botando man dos seus tres dianteiros centro, incluído o debutante Teofílovic, nin utilizando a catro dos extemos do plantel foi capaz de impoñerse a un Arenas que recibira goles en todolos partidos.
E que incluso contou coas dúas primeiras oportunidades do encontro.
A resposta lucense para sacudirse a presión foi mandar balóns longos para Unzueta que errou dous man a man clarísimos e que converteu a Peña na gran figura do partido.
O meta vasco detivo tamén un disparo a Diego Caballo o fío do descanso.
E trala reanudación volveu ter unha actuación destacada logo dunha saída en tromba do Lugo que contou con múltiples oportunidades para marcar, de novo por medio de Unzueta, que volveu estragar outro man a man con Peña.
O Arenas asustou nas contras como unha de Urko Collado que buscaba a escadra.
Yago Iglesias tentouno todo dando entrada o seu novo dianteiro, que nada máis saltar o campo provocou unha boa oportunidade de Samanes que volveu tropezar con Peña.
O equipo envorcouse nos últimos minutos con Nathaniel sumado o ataque, pero o Lugo acabou pagando cara a súa falta de eficacia.