Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo non é quen de conservar a vantaxe e perde contra o Alavés

O Lugo non é quen de conservar a vantaxe e perde contra o Alavés

Os de Hernán Pérez adiantáronse cun gol de Chris Ramos

Desta volta non foron quen de aguantar o marcador favorable

O Alavés dominou o partido e remontou en catro minutos

G24.gal 10/09/2022 16:31

O Lugo buscaba contra o Alavés a terceira vitoria consecutiva pero, desta volta, non foi quen de manter o marcador favorable logo do asedio rival. Comezou ben o partido para os de Hernán Pérez, que se adiantaban aos dezaseis minutos grazas ao acerto de Chris Ramos. O dianteiro volveu ser determinante, rematando un servizo de Jaume Cuéllar.

Aos poucos, o equipo galego foille cedendo o control do xogo ao Alavés, que comezou a crear perigo. Outra vez tivo traballo arreo Óscar Whalley, que ademais se aliou cos postes para manter o cero na súa portería. Ata dous remates vitorianos toparon coa madeira.

Pero, xa na segunda metade, ao Alavés abondáronlle catro minutos, os que van do 64 ao 68, para darlle a volta ao resultado. Primeiro empatou Tachi e, practicamente sen tempo para dixerilo, Nahuel Tenaglia facía o 1-2 con outro remate atinado. O Lugo intentou empatar no treito final, mesmo tivo unha clara ocasión nun remate de Whalley no tempo engadido, pero o resultado xa non se moveu. Os tres puntos viaxaron cara a Vitoria.

O técnico, Hernán Pérez, cre que a clave foi que o seu equipo non foi quen de manter o ritmo dos primeiros minutos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade