Cargando resultados...
O Lugo incorpora a proba o dianteiro brasileiro Ronan
O futbolista, atopábase sen equipo despois de concluír a súa etapa no Rio Ave portugués
Foto @CDeportivoLugo
G24.gal
26/09/2022 16:16
Última actualización 26/09/2022 16:20
O Lugo anunciou este luns que incorpora a proba ao dianteiro brasileiro Ronan David Jerónimo, quen podería reforzar o ataque do conxunto galego en LaLiga SmartBank se convence ao corpo técnico e encaixa no tope salarial.
O futbolista, de 27 anos e 1,95 metros de altura, atopábase sen equipo despois de concluír a súa etapa no Rio Ave portugués.
A tempada pasada, na segunda división portuguesa, anotou tres goles e repartiu tres asistencias co Rio Ave. Previamente, na máxima categoría de Portugal, o dianteiro de Pîraúba disputou 59 partidos e converteu dez goles.