Cargando resultados...
O Lugo busca a terceira vitoria consecutiva en Xirona
O seu rival leva 13 dos últimos 15 puntos, o choque é mañá ás 18:15
G24.gal
22/01/2022 13:41
Na primeira volta, este tanto de Barreiro no minuto 86 déralle o triunfo ao Lugo co Xirona. Pasaron tres meses e medio e desde aquel apurado encontro e a mellora de ámbolos dous foi evidente.
O Lugo non perde desde os primeiros días de novembro. O Xirona sumou 13 dos últimos 15 puntos en xogo e practica un fútbol de quilates. Só o Valladolid resiste a comparación como equipos máis en forma da liga.
En Xirona, Míchel amosa moito respecto por este Lugo. Puntualiza os seus puntos fortes.
A baixa por Covid de Stuani mingua un chsico a euforia dun Xirona ao alza. No Lugo, a ausencia será Juanpe. Hugo Rama e Seoane pugnan polo seu posto no contro do campo.
Míchel probou sorte co catalán en sala de prensa