Publicador de contidos
Publicador de contidos

O líder testa o Deportivo en Riazor

O líder testa o Deportivo en Riazor

Os técnicos réstanlle trascendencia a este Deportivo-Córdoba, que marcará o futuro inmediato dos dous equipos

G24.gal 03/12/2022 12:50

Partido grande o desta tarde en Riazor. O Deportivo recibe o líder, o Córdoba, nun choque que pode marcar o futuro dos dous equipos na competición. Sete puntos separan os dous conxuntos. O resultado terá unha grande importancia, pero os dous adestradores coinciden en que aínda quedará moito por díante pase o que pase neste encontro.

Para Óscar Cano, "non é un partido máis, pero tampouco é o que vai decidir as aspiracións do Deportivo esta temporada. Imos pasar todos por bos e malos momentos, así que aínda non podemos definilo como trascendente". O seu homologo, Germán Crespo, coincide: "Serían dez puntos de diferenza, pero aínda queda moito. Calquera mala serie de resultados como a do Rácing pode afastarte da zona alta"

O Córdoba só perdeu un partido e está invicto como visitante. Desde o empate na Malata, acumula catro triunfos consecutivos. O Deportivo parece máis en forma nas últimas xornadas, nas que sumou dez de doce puntos posibles. Óscar Cano pode contar con tódolos efectivos. Todo apunta a un partidazo.

"O que si agardo é que, cos dous equipos que somos, que sexa un partido interesante, con toda a emoción do fútbol", di Óscar Cano.

Unha emoción que viviremos en directo na nosa segunda canle.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade