Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Liceo xogará a final da OK Liga contra o Barcelona

O Liceo xogará a final da OK Liga contra o Barcelona

Derrotou o Calafell no terceiro partido na quenda de penaltis despois de empatar a dous goles

G24.gal 02/06/2023 22:45

O Liceo gañou na pista do Calafell (2-2 e penaltis) o terceiro partido da serie e xogará a final da OK Liga diante do Barcelona, que tamén resolveu a súa eliminatoria pola vía rápida.

Primeira metade moi táctica, cos dous equipos cun coñecemento perfecto do seu rival. A bola parada apuntaba a decisiva e adiantouse o Liceo cun penalti transformado por César Carballeira. 

A reacción do Calafell veu da man de Martí Casas que nos seis primeiros minutos da segunda parte marcou un dobrete para poñer o equipo catalán por diante. Sorte para o Liceo que Carballeira estaba de doce e empataba aproveitando un rexeite dun penalti que el mesmo executara. 

O partido tivo que ir á prórroga, na que ningún dos dous equipos arriscou demasiado conscientes da importancia do partido. Tivo que decidirse na quenda de penaltis. Nos cinco lanzamentos houbo empate a dous (Sito e Manrubia para o Liceo e Miras e Palau para o Calafell). Na morte súpeta acertou Dava e fallou Miras o definitivo lanzamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade