Europa pasa por facerse forte en Balaídos (En directo na TVG e AGalega.gal)
O Celta recibe o Sevilla buscando tres puntos que poden ser case definitivo para asegurar unha praza entre os oito primeiros clasificados da Liga
O partido pode seguirse tamén en directo en AGalega.gal
Nos vindeiros oito días o Celta ten tres partidos para defender a sétima praza. Claudio Giráldez afina o discurso: agora vén o bonito e ten o equipo enchufado. Para enfrontarse ao Sevilla o adestrador sinala a última vitoria en Balaídos contra o Vilarreal.
Buscando as mellores versións a de Aspas no Bernabeu convida a velo máis minutos. Claudio considera que o de Moaña pode ter calquera papel no partido contra o Sevilla, ben de titular ou de revulsivo. Caso distinto é o de Alfon. Pero a súa posible marcha ó Sevilla non condiciona o plan de Claudio.
Catorce xogadores galegos entran na convocatoria do Celta contra o Sevilla buscando a clasificación europea. Miguel Román, centrocampista de Gondomar que xa debutara na Copa, pode facelo na Liga: outra achega do Fortuna, fonte de talento inesgotable.