Cargando resultados...
Recibimos a Vítor Mejuto, que expón na Coruña a súa obra
'Vítor Mejuto. A Coruña cidade' é o retrato persoal que o artista dedica á cidade en que vive
Mejuto reduce cada edificio ás súas formas e cores esenciais, ata deixar o imprescindible para recoñecelo
Ata 9 de xaneiro de 2027, Afudación, A Coruña
G24.gal
28/10/2026 09:55
Hai maneiras de mirar o mundo e despois está a de Vítor Mejuto. Unha paisaxe urbana, un edificio, un recuncho da cidade pasan polo seu proceso de destilación artística ata chegar á esencia, á cor, ás liñas e á luz. Así ve Mejuto a cidade da Coruña.