Cargando resultados...
Iria Sobrado cóntanos todo sobre a obra 'Caídas'
Peza baseada no ensaio de Montse Fajardo, para reconstruír a vida das mulleres que ingresaron no Padroado de Atención á Muller
A peza comeza cunha muller que descobre que foi un bebé roubado do padroado
Pese ao drama, o espectáculo ten momentos musicais moi cómicos e algunha parodia da sección feminina moi divertidos
G24.gal
28/10/2026 10:13
No teatro pasan moitas cousas este outono, porque aínda temos que falar tamén de estreas desde 'Caídas', unha viaxe a través da memoria colectiva para desenterrar as historias sepultadas baixo as lousas da moral nacional-católica.
Redrum Teatro lévaa as táboas e Iria Sobrado xa foi vela para poder contarnos.