O Liceo supera os cuartos e o Calafell agarda nas semifinais
Derrotou no segundo partido ao Igualada por un claro 1-7
Manrubia liderou o triunfo cunha tripla
O Liceo resolveu a eliminatoria de cuartos de final da OK Liga pola vía rápida. Sufriu moito no primeiro encontro xogado en Riazor (5-4) pero no que disputou na pista do Igualada amosou unha superioridade manifesta que se reflictiu no marcador (1-7).
O temperán gol de Carballeira encamiñou o triunfo pero foi o habilidoso Pol Manrubia o que apareceu de xeito maxistral para anotar un dobrete no primeiro tempo no que os liceístas dominaron con claridade (0-4).
O Igualada botouse ao ataque á desesperada, recurtou diferenzas pero a reacción quedou aí. O Liceo aproveitou as accións de contragolpe para lograr unha goleada.
O seu rival nas semifinais será o Calafell, terceiro clasificado da competición regular e que tamén lle gañou ao Lleida por un 2-0 na súa eliminatoria.
🗨️ Declaracións de JUAN COPA, técnico do #DeportivoLiceo, tralo pase ás semifinais da #OKLiga.
— Hockey Club Liceo (@HockeyClubLiceo) May 20, 2023
CHAMAMENTO tamén a tódolos #Liceístas para encher Riazor este venres ás 21:45h.
Continuamos loitando.#Playoffs #IgualadaLiceo pic.twitter.com/Y6IfxXJCnu