Cargando resultados...
O Liceo, recibido polo presidente da Xunta tras a consecución da liga
O presidente do club, Daniel Echevarría aproveitou o acto para pedir máis apoio institucional
Foto Liceo
G24.gal
22/06/2022 14:37
Última actualización 22/06/2022 14:41
O cadro de xogadores do Liceo e a súa directiva seguen o camiño triunfal polo país na celebración do seu oitavo título da liga. Hoxe foron recibidos na Presidencia da Xunta de Galicia.
Mentres o presidente Alfonso Rueda poñía en valor a diversidade nos éxitos deportivos que representa o Liceo, máis aló do monocultivo do fútbol, o presidente do club, Daniel Echevarría aproveitou o acto para pedir máis apoio institucional.
Á recepción no Pazo de Raxoi asistiron tamén os representantes do Colexio Liceo da Coruña, onde naceu o club, e onde estudaron dous dos xogadores que o pasado venres gañaban a OK Liga. César Carballeira e Martín Rodríguez.