Cargando resultados...
O Liceo mantense firme na loita por aguantar a segunda posición
Gañoulle por 3-1 a un rival complicado como o Igualada, o quinto clasificado
G24.gal
16/02/2025 14:45
Ás vitorias do Reus e do Calafell respondeu o Liceo cun triunfo por 3-1 diante do Igualada, o quinto clasificado da OK Liga e que lle gañara ao conxunto coruñés por 5-1 no partido da primeira volta. Viñan os coruñeses de perder na pista do Barcelona e refixéronse grazas á súa seguridade defensiva.
No primeiro tempo Dava Torres marcou o gol liceísta. Aumentou a diferenza Jacobo Copa ao pouco de principiar a segunda parte pero o Igualada volveu meterse no partido grazas ao gol de Roger Bars, que aproveitou un cartón azul a Ferruccio. A vitoria certificouna Fabricio Ciocale na mellor acción do partido chea de velocidade e habilidade.