Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Liceo forza o quinto partido logo dunha agónica prórroga

O Liceo forza o quinto partido logo dunha agónica prórroga

Dava Torres marcou o gol definitivo (4-3) co que os liceístas igualan a serie diante do Noia

G24.gal 09/06/2024 14:26

Haberá quinto partido na serie entre o Liceo e o Noia. O equipo galego tamén se impuxo no cuarto encontro (4-3) e decidirase o finalista da OK Liga o vindeiro martes en terras catalás. 

Non foi un desenlace tan claro como no terceiro partido malia que o Liceo dominaba ao descanso por 2-0 (Dava Torres e Carballeira de penalti). Os verdes non estiveron atinados na bola parada -fallaron ata cinco faltas directas- e o Noia meteuse no partido no segundo tempo. 

Jordi Bargalló e Iván Morales igualaron. Tombita estivo rapidísimo nunha contra para poñer o 3-2 e, a seguir, empatou o Noia cun tanto de Xavi Rovira. Xa non se movería o marcador e o partido encamiñouse á prórroga. 

No tempo suplementario un cartón azul a Martí Gabarró resultou decisivo. O Liceo aproveitou a superioridade e, a falta de 4 minutos para o final, Dava Torres acertou a marcar o definitivo 4-3. O Noia entregouse, pero Martí Serra estivo sensacional baixo paus e aguantou o triunfo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade