Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Liceo consegue a primeira vitoria nesta edición da Champions

O Liceo consegue a primeira vitoria nesta edición da Champions

Gañou na pista do Dinan Quevert francés por 1-6 cunha tripla de Ferruccio

G24.gal 05/12/2024 22:08

O Liceo acadou unha vitoria moi importante e contundente na pista do Dinan Quevert francés (1-6). Na terceira xornada da Champions de hóckey a patíns o equipo dirixido por Juan Copa puido festexar o triunfo, colocarse con catro puntos e distanciar o seu rival, un dos dous equipos que precisa deixar por debaixo para meterse nos cuartos de final. 

O protagonista individual do encontro foi o arxentino Franco Ferruccio, que marcou tres goles. El foi precisamente o que abriu o camiño da vitoria. Un dobrete do coruñés Bruno Saavedra deulle tranquilidade ao cadro liceísta que só o pasou mal uns minutos logo do tanto de Pelizzari. 

César Carballeira puxo as cousas no seu sitio co decisivo 1-4 e Ferruccio acabou por fechar o marcador con dous tantos no treito final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos