Cargando resultados...
O Leyma xa empezou a preparar o seu regreso á ACB
Charlie Uzal: "Epi ten contrato, imos agardar a que remate a tempada"
Foto Leyma Coruña
G24.gal
14/05/2025 15:06
Última actualización 14/05/2025 15:11
Asumido o descenso, non hai tempo para laios. O do Leyma non é un adéus, senón un ata pronto. A reconstrución xa principiou
O club quere seguir no Coliseum e non volver a Riazor. Para iso debe reter polo menos catro mil socios. Hoxe ten sete mil cincocentos
Charlie Uzal: " Sería un paso atrás volver a Riazor".
Calquera proxecto comeza polo arquitecto. Seguirá Diego Epifanio no cargo?
"Epi ten contrato, imos agardar a que remate a tempada".
Quedan tres partidos sen Taylor e cun novo base: chega Alonzo Verge, máximo anotador da Segunda turca. 28 puntos e dez asistencias de media este ano.