Cargando resultados...
O IVE de produtos de hixiene feminina e preservativos baixará do 10 ao 4 %
Quedan fóra da medida os cueiros de bebé e de adultos
O Goberno crea un imposto ás grandes fortunas e baixa o IRPF a rendas baixas

G24.gal
29/09/2022 15:42
O IVE soportado polos produtos de hixiene feminina, os preservativos e os anticonceptivos non medicinais baixará do tipo reducido do 10 % ao tipo superreducido do 4 % en 2023, segundo confirmaron fontes do Ministerio de Facenda.
A medida incluirase nos orzamentos xerais do Estado de 2023, tras acordarse dentro do paquete fiscal negociado polos socios de Goberno.
Quedan fóra da medida os cueiros de bebé e de adultos, produtos para os que Unidas Podemos tamén reclamara unha rebaixa do IVE.