Publicador de contidos

Publicador de contidos

O prezo dos alimentos dispárase un 15,7 % no último ano

O prezo dos alimentos dispárase un 15,7 % no último ano

Os que máis subiron de prezo no último ano son o azucre (+50,6 %), os aceites e graxas (+38,1 %), o leite (+37,2 %)

O IPC baixa en decemebro ata o 5,7 % polo abaratamento dos carburantes

O IPC queda en Galicia no 6,4 %

G24.gal 13/01/2023 08:54 Última actualización 13/01/2023 16:07

Os prezos dos alimentos creceron en decembro un 15,7 % en taxa interanual, catro décimas máis que en novembro, a súa taxa máis alta desde o comezo da serie, en 1994. Os que máis subiron de prezo no último ano son o azucre (+50,6 %), os aceites e graxas (+38,1 %), o leite (+37,2 %), os ovos (+29,8 %), os produtos lácteos (+23,4 %), os cereais (+22,7 %) e as patacas (+22,6 %).

Sen ter en conta a rebaixa do imposto especial sobre a electricidade e as variacións sobre outros impostos, o IPC interanual alcanzou en decembro o 6 %, tres décimas por encima da taxa xeral do 6,8 %. Así o reflicte o IPC a impostos constantes que o INE tamén publica no marco desta estatística.

En termos mensuais (decembro do 2022 sobre novembro do mesmo ano), o IPC rexistrou un aumento de dúas décimas, en contraste co descenso do 0,1 % experimentado en novembro. Neste ascenso influíron tamén os alimentos, que elevaron os seus prezos un 1,6 % respecto ao mes anterior. No último mes de 2022, o Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCA) situou a súa taxa interanual no 5,5 %, máis dun punto por baixo da do mes anterior.

O IPC baixa en decemebro ata o 5,7 % polo abaratamento dos carburantes

A inflación moderouse en decembro ao 5,7 %, unha décima menos que a taxa que adiantou o Instituto Nacional de Estatística o pasado 30 de decembro e 1,1 puntos por baixo da taxa de novembro, debido ao abaratamento dos carburantes e á menor subida da electricidade.

Apertaron á alza os grupos do vestido e calzado, xa que as primeiras baixadas de prezos das rebaixas foron máis moderadas que en decembro de 2021, e o de alimentos e bebidas non alcohólicas, que aumenta catro décimas, ata o 15,7 %, a máis alta desde o comezo da serie, en xaneiro de 1994.

Mentres tanto, o INE aumenta nunha décima a variación anual da inflación subxacente —índice sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos—, ata o 7 %, sete décimas máis que a rexistrada en novembro e 1,3 puntos máis que o índice xeral, unha taxa que non se vía desde o ano 1992.

A vicepresidenta primeira, Nadia Calviño, conta que a inflación subxacente, a que non ten en conta nin alimentos frescos nin enerxía, comece a baixar este mes de xaneiro. Agarda que fagan efecto ás últimas medidas aprobadas polo Goberno. 

Da inflación subxacente tamén falou a vicepresidenta segunda do Goberno. Yolanda Díaz responsabiliza as empresas do seu incremento. Di que non baixa porque as empresas queren ter os máximos beneficios.

O IPC queda no 6,4 % en decembro en Galicia

O Índice de Prezos de Consumo quedou no 6,4% en decembro en Galicia. Sobe un punto desde novembro, aínda que se situou sete décimas por encima da media nacional (+5,7 %), segundo os datos definitivos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística. Os alimentos e bebidas non alcohólicas pecharon o ano pasado e encarecéronse un 16,2 % en Galicia, mentres que as bebidas alcohólicas e o tabaco aumentaron o seu prezo un 8 %.

Pola súa banda, o vestido e o calzado só subiron un 1,8 %, mentres que o enxoval un 8,6 %. A medicina (+1,5%) e o transporte (+4,3%) tamén se situaron cun crecemento inferior á media, do mesmo xeito que o lecer e a cultura (+3,1 %). Os hoteis, cafés e restaurantes galegos custaron en decembro un 9,2% máis que no mesmo mes de 2021. Con todo, os únicos produtos que reduciron o seu prezo medio o ano pasado foron a vivenda (-3,8 %), as comunicacións (-1,9 %) e o ensino (-1 %).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade