O investigador Francisco Prado-Vilar presenta unha nova interpretación da chamada 'Columna de Ulises'
O investigador Francisco Prado-Vilar presenta unha nova interpretación da chamada 'Columna de Ulises'
A 'Columna de Ulises' é unha peza románica de mármore procedente da antiga Porta Francíxena que agora se expón no Museo da Catedral
A banda central da columna representa a salvación de Ulises contra os cánticos das sereas
A visión cristianizada é unha alegoría que conecta, en diferentes niveis teolóxicos, con Xesús e cos peregrinos
Hoxe no 'ZigZag' o investigador Francisco Prado-Vilar vainos presentar unha nova interpretación da chamada 'Columna de Ulises', unha peza románica de mármore procedente da antiga Porta Francíxena que agora se expón no Museo da Catedral.
A parte superior da columna recrea o episodio de Circe, a maga que transforma en animais os compañeiros de Ulises.
Nas moedas contemporáneas a travesía do Apóstolo tamén se representaba co seu corpo deitado nunha nave.