Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Crespo ponnos ao día do último da música en galego

Carlos Crespo ponnos ao día do último da música en galego

Ruxe Ruxe e Kike Varela, con Eva Hevia

G24.gal 01/10/2026 10:00

O grupo de rock Ruxe Ruxe presenta o seu último videoclip 'Os ladróns levan traxe'. A banda de Aríns publica o primeiro adianto do seu próximo disco e anuncia que a estrea oficial en directo de 'Plum!' ,o disco co que a banda celebra os seus 30 anos de traxectoria, terá lugar o 13 de febreiro na Sala Capitol.

Xa hai moito que a figura de Kike Varela transcende da do mero Dj, aínda que esta sexa a súa faceta máis pública. Deu as primeiras mostras das súas intencións ao contar coas pandeireteiras de Ferriñas Bravas nas súas primeiras producións. E máis recente, ao incluír no escenario a figura do gaiteiro Álvaro Puga nas súas Electrofoliadas.

Na súa nova canción, 'Verbena', dá un paso máis, ao unir a electrónica coas músicas de raíz galegas e asturianas, as gaitas das dúas comunidades e á voz da cantante ovetense Eva Hevia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade