Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio de Castelló avanza no perímetro despois de queimar 4.000 hectareas de monte

O incendio de Castelló avanza no perímetro despois de queimar 4.000 hectareas de monte

Hai 1.700 veciños desaloxados

A delegada do Goberno en Valencia confirmou o factor humano na orixe do lume e a Garda Civil interrogou catro operarios forestais

Bombeiros traballando nos labores de extinción no incendio de Castelló
G24.gal 25/03/2023 21:13 Última actualización 25/03/2023 21:24

O último balance sobre o incendio declarado este xoves en Castelló e que lle afecta tamén á provincia de Teruel, confirma que o lume segue fóra de control pero nas últimas horas non avanzou e as condicións climatolóxicas permitiron traballar. As lapas arrasaron xa 4.000 hectáreas e arredor de 1.700 veciños seguen desaloxados.

Vinte medios aéreos e 700 operarios traballan no perímetro de 40 Km polo que se estendeu o incendio desde hai dous días. As altas temperaturas e o vento fan moi difícil a contención do lume despois de que a noite pasada os efectivos impedisen o avance das lapas. A evolución do tempo esta tarde foi favorable como confirmou José María Ángel Batalla, secretario xeral de Seguridade e Emerxencias da Comunidade Valenciana.

"Todos os traballos foron moi positivos. Non avanzou o perímetro do incendio e permitiunos ter os puntos máis complexos nunha fase de reducir o factor de risco que tiñamos". 

Os veciños dos oito municipios afectados en Castelló e Teruel, onde se desaloxaron máis de 1.700 persoas, agardan o control do lume. Nas últimas horas arrasou unha pequena aldea de tres habitantes que perderon as súas casas. O resto confía en que non haxa danos nas vivendas.

Os presidentes de Aragón e da Comunidade Valenciana visitaron hoxe o posto de mando. A delegada do Goberno, Pilar Bernabé, confirmou o "factor humano" na orixe do lume. A Guardia Civil mantén a investigación aberta e tomoulles declaración a 4 persoas que realizaban traballos forestais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade