Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta desactiva o nivel 2 no incendio da Cañiza ao reducirse o risco para os núcleos de poboación

A Xunta desactiva o nivel 2 no incendio da Cañiza ao reducirse o risco para os núcleos de poboación

A Xunta mantén que o lume comezou ata en cinco puntos diferentes de forma case simultánea, polo que "apunta a unha clara intencionalidade"

Estabilizado o incendio de Ponte da Barca, preto de Galicia, e está controlado o de Arouca

Incendio da Cañiza (Adrián Irago-Europa Press)
G24.gal 01/08/2025 09:39

A Consellería do Medio Rural decretou este venres a finalización da situación 2 no incendio que, nestes momentos, afecta o municipio pontevedrés da Cañiza e que queimou xa arredor de trescentas hectáreas.

Con esta decisión, tomada este mediodía, o Goberno galego establece que xa non hai risco para a poboación pola proximidade a vivendas dun incendio que, na noite do mércores, obrigou á Xunta a enviar unha mensaxe a través do sistema Es-Alert recomendando aos habitantes de sete lugares da parroquia de Valeixe que se confinasen nos seus fogares.

De igual maneira, aínda que o incendio permanece activo e por estabilizar, tamén se desmobilizou á Unidade Militar de Emerxencias (UME), que colaborou nas tarefas de extinción, ante a evolución favorable do lume.

Este incendio orixinouse o pasado mércores pola tarde en cinco puntos diferentes de forma case simultánea e, polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción once técnicos, trinta e cinco axentes, corenta e oito brigadas, trinta e tres motobombas, cinco pas, sete unidades técnicas de apoio, sete avións e dez helicópteros.

 

O incendio forestal que desde este mércores afecta o municipio pontevedrés da Cañiza, parroquia do Couto, calcinou xa unhas 300 hectáreas, pero evoluciona favorablemente cara á súa estabilización, segundo informou a Consellería do Medio Rural, que este xoves sinalaba que se iniciou ata en cinco puntos diferentes de forma case simultánea, polo que "apunta a unha clara intencionalidade".

 A Dirección Xeral de Emerxencias emitira unha mensaxe Es-Alert para confinar a poboación de sete núcleos, un confinamento que foi levantado á primeira hora deste xoves.

O lume iniciouse ás 16:23 horas deste mércores e para a súa extinción mobilizáronse 29 axentes, 45 brigadas, 30 motobombas, cinco pas, nove técnicos, sete unidades técnicas de apoio, sete avións e 10 helicópteros. Ademais, tamén participan nos labores de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

/2025/20250731/SITUACIONINCENDIOACANINZA-INF250731138.mp4 /2025/20250731/SITUACIONINCENDIOACANINZA-INF250731138.mp4

Extinguidos os incendios de Arbo e Carballedo

No día de hoxe, a Xunta de Galicia deu por extinguidos dous incendios, o de Carballedo (Lugo) e o de Arbo (Pontevedra), que, de forma acumulada, queimaron unhas vinte e seis hectáreas, a maior parte delas de monte arborizado.

Así mesmo, permanece controlado o lume que afecta o municipio ourensán de Carballeda de Avia, no que se estima que ardeu unha superficie próxima ás vinte hectáreas e onde o incendio reproduciuse tras ser estabilizado previamente.

A Xunta lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Existe tamén un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade