Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un instituto de Carballo, berce dun sistema innovador para localizar persoas

Un instituto de Carballo, berce dun sistema innovador para localizar persoas

Os profesores e os alumnos do IES Monte Neme que desenvolveron o sistema destacan que non require do pagamento de cotas e resulta económico

Imaxe do dispositivo de xeolocalización no sistema ideado por un equipo investigador de Bergantiños
G24.gal 14/11/2022 13:28

No centro público de ensino Monte Neme de Carballo é onde se xestou un medio novo para ter xeolocalizadas en tempo real persoas. As antenas, con varias xa instaladas na comarca, son a clave dun sistema que a través dunha páxina web informa da posición de quen leva o dispositivo.

Pode ter moitas utilidades, pero estes investigadores centráronse na da localización de alguén que padece discapacidade cognitiva. Os inventores, o profesor Germán Tojeiro, e os alumnos Raúl Facal, Min Hao Jin e José Antonio Prego, están moi satisfeitos co resultado.

Tamén destacan o accesible do sistema, que non require pagamento de cotas como outros e cun custo do dispositivo duns 60 euros. Quen teñen probada a súa utilidade, como Maricarmen Trigo ou Jesús Villar, tamén valoran o invento.

O proxecto tivo un premio de innovación tecnolóxica por valor de 30.000 euros cos que pagaron a instalación das primeiras antenas na zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos