O hospital da Coruña é o que ten máis pacientes hospitalizados con covid
Conta con cinco plantas dedicadas a pacientes con coronavirus
Ten 10 pacientes ingresados na UCI
O Chuac ten cinco plantas dedicadas a pacientes con covid. Dez das cento trinta e oito pesoas hospitalizadas a causa do virus están na UCI. No hospital coruñés non esperan reducir o ritmo de ingresos nos próximos días, pero si comezar o descenso a finais da próxima semana, grazas en parte a un previsible aumento nas altas.
A sexta onda e a variante ómicron obrigaron a realizar cambios na xestión diaria. Un 30% dos pacientes con covid ingresaron por outras doenzas e deron positivo no hospital.
Na última semana fíxose un esforzo importante para optimizar as cirurxías.
Os profesionais do CHUAC chegan ao pico da sexta onda cansos, pero con menos incertezas e coa esperanza de que sexa a derradeira gran vaga da pandemia.