Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Clínic de Barcelona sofre un ciberataque que afectou varios servizos

O Clínic de Barcelona sofre un ciberataque que afectou varios servizos

Obrigou a derivar os novos ingresos a outros hospitais da cidade

G24.gal 05/03/2023 21:22 Última actualización 05/03/2023 22:57

O hospital Clínic de Barcelona foi vítima este domingo dun ciberataque, que obrigou a derivar os novos ingresos a outros hospitais da cidade.

A Generalitat informou deste ataque pouco despois das once da mañá, aínda que o sistema informático do hospital xa comezara dar problemas o sábado pola noite.

Os servizos afectados son os de laboratorio, farmacia e urxencias. O ataque é de tipo ransomware, é dicir, que esixe un rescate a cambio de devolver o acceso ao sistema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade