Publicador de contidos

Publicador de contidos

O gromo de gastroenterite de Betanzos remite, pero mantéñense as restricións

O gromo de gastroenterite de Betanzos remite, pero mantéñense as restricións

As autoridades agardan o resultado das análises realizadas ás mostras de auga recollidas na traída da vila

G24.gal 02/06/2023 13:51

O gromo de gastroenterite comeza a remitir, pero mantéñense as restricións á espera dos resultados definitivos das análises das mostras de auga recollidas na traída local. Tres camións cisterna subministran auga potable aos veciños e o Concello reparte garrafas a domicilio aos maiores de 75 anos, persoas con problemas de mobilidade e familias vulnerables.

O descenso de casos rexistrados no PAC de Betanzos parece indicar que o gromo de gastroentirite comeza a remitir. Desde que o domingo se diagnosticaron os primeiros casos, son algo máis de 300 os veciños afectados. "Somos vinte traballadores e a metade deles, ou algún máis, tivemos cada dous por tres que ir ao baño", explica un veciño.

Sospéitase dun virus de orixe hídrico como responsable do gromo, pero aínda non existen probas concluíntes. "A día de hoxe reiteramos que non temos ningún dato que nos diga que é a auga, pero tampouco se pode descartar porque as analíticas non están concluídas", di Diego Fernández, tenente de alcalde de Betanzos.

Á espera dos resultados, mantéñense as restricións ao consumo de auga procedente da traída betanceira. "Non se pode beber nin lavar os dentes, nin case lavar nin cociñar"; "A miña muller está enferma e teño que lavala con auga, é dicir, que trae moitos problemas".

Tres camións cisterna subministran auga potable aos veciños e o Concello reparte garrafas a domicilio aos maiores de 75 anos, persoas con problemas de mobilidade ou familias en situación de vulnerabilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade