Publicador de contidos

Publicador de contidos

O gran desafío de Daniel Moukoko

O gran desafío de Daniel Moukoko

O camerunés asentado na cidade herculina estrearase coma púxil profesional este sábado no frontón de Riazor

Chegou a España camiñando dende Yaoundé e tivo que saltar o valado de Ceuta en dúas ocasións para poder entrar no noso país

O seu adestrador, Luis Suárez, augúralle un futuro brillante no boxeo e non pon límites á súa progresión

G24.gal 05/04/2022 18:55

Este sábado dispútase na Coruña unha velada de boxeo que terá coma colofón o combate de Daniel Moukoko contra o púxil de Mali Youssuf Kone, no que será a estrea profesional do boxeador natural do Camerún pero asentado na Coruña dende hai anos. Onte o xa coñecido como o Cameruñés xogaba 'Ao contraataque':

"Estou moi ben, moi ilusionado. Orgulloso de poder competir ante moita xente e na miña casa. Teño unha boa historia vital. Saín andando dende O Camerún ata España. Tardei un ano. Saltei o valado para chegar a España. A primeira vez pilloume a policía, pero na segunda tiven a sorte de poder pasar. Primeiro estiven en Madrid e ao pouco tempo xa cheguei á Coruña. En Yaoundé nunca boxeara. Con moita sorte topeime co ximnasio Azteca e traballo día a día para ser o mellor. Toda a miña familia está no Camerún e vivirán con moitos nervios a pelexa do sábado".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade