Cargando resultados...
O boxeo volve á TVG (0:00 h), cunha velada co medallista olímpico Reyes Pla
Poderán ver a velada da Coruña, que ten tamén a pelexa do uruguaio asentado en Galicia Zanetti, a medianoite do sábado ao domingo na TVG
G24.gal
08/05/2026 20:44
O boxeo volve á Televisión de Galicia 30 anos despois, e faino ao grande, contando coa presenza do medallista olímpico Enmanuel Reyes Pla, o Profeta.
Este regresa á Coruña despois de conseguir a medalla de prata na Copa do Mundo no Brasil e enfrontarase ao venezolano Iván Matute.
Tamén participará o uruguaio Santiago Zanetti, que pelexará co colombiano Víctor Julio e disputarase o Campionato de Galicia.
Poderán seguir todos estes combates a partir das 20:30 h en AGalega.gal e esta medianoite na nosa primeira canle.