Cargando resultados...
O Goberno rexeita a proposta do PP e ínstao a renovar o CXPX
Os populares rexistraron no Congreso unha proposición de lei
G24.gal
04/01/2023 14:52
A renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial segue marcando o debate político. O PSOE rexeita a proposta do PP. A voceira do executivo considera que a proposición de lei que rexistraron os populares no Congreso é outra escusa para manter bloqueado o órgano reitor dos xuíces.
"O cumprimento da Constitución nin se condiciona nin se pode escusar (...), antes de empezar a falar, o que hai que facer é cumprir coa Carta Magna", asegurou Isabel Rodríguez.
Pero o PP defende o seu texto, cre que vai en liña co recomendado por Europa e que garante a independencia do poder xudicial. Para o coordinador xeral do partido, Elías Bendodo, "Sánchez cre que os tres poderes son seus".