Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno reitera o seu "compromiso de diálogo" co sector pesqueiro e defende a eólica mariña

O Goberno reitera o seu "compromiso de diálogo" co sector pesqueiro e defende a eólica mariña

O delegado do Goberno en Galicia reivindica a eólica mariña como "unha oportunidade" que se debe facer "de xeito ordenado"

G24.gal 11/03/2023 13:05 Última actualización 11/03/2023 13:31

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reiterou o "compromiso de diálogo" do executivo co sector pesqueiro ante as súas protestas pola eólica mariña e a petición de retirada dos plans de ordenación dos espazos mariños (POEM) presentados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Destaca que a propia vicepresidenta terceira, Teresa Ribeira, "estivo aquí en Galicia", do mesmo xeito que a secretaria xeral de Pesca e "reuniuse coas confrarías".

Polo tanto, defendeu, o "diálogo máximo" e o "respecto absoluto" aos que este sábado se manifesten na Coruña para pedir a retirada do plan de eólica mariña.

Tras visitar o autobús do ingreso mínimo vital en Santiago, Miñones reivindicou a eólica mariña como "unha oportunidade" que se debe facer "de forma ordenada".

"Entendemos as demandas do sector da pesca. Imos escoitar, e é unha prioridade a pesca para este Goberno igual que o son as renovables, así que, diálogo e poder atopar o mellor camiño posible para facer realidade esta oportunidade para Galicia", asegurou.

Ademais, José Miñones afirmou que "non hai solicitude de reunión por parte da eólica", aínda que insistiu "no compromiso do Goberno" e, en concreto, da vicepresidenta terceira, de participar nunha mesa de diálogo co Observatorio da Eólica. "En breve teremos esas reunións", afirmou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade