Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno pide un esforzo aos empresarios para a suba de salarios

O Goberno pide un esforzo aos empresarios para a suba de salarios

A voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, pide que fagan parte os traballadores dos beneficios que están obtendo grazas ao crecemento económico

G24.gal 05/05/2023 14:02

Dende o Goberno defenden que xa fixeron todo o que estaba nas súas mans para mellorar a vida dos cidadáns: suba do SMI, das pensións e o soldo dos traballadores públicos. E agora, din, tócalle facer o esforzo ao sector privado. 

"Dos beneficios que están recibindo moitas empresas no noso país, grazas ao crecemento económico, tamén os traballadores teñen que levar parte de crecemento para poder vivir desafogadamente. E desde logo estamos de parte dos traballadores no sentido que se pode facer un esforzo para subir eses salarios", afirmaba a ministra portavoz, Isabel Rodríguez.

Tamén Ione Belarra deixaba este venres unha mensaxe dirixida aos empresarios: "Se son tan patriotas, patriotismo tamén é subir os salarios aos traballadores", dicía a ministra de Dereitos Sociais.

Rodríguez e Belarra manteñen a liña de Yolanda Díaz que pedía a empresarios e sindicatos un acordo rápido no mes de maio. Garamendi respondía a Díaz e dicíalle que non pintaba nada na negociación entre patronal e sindicatos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos